Obxecto

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (EUROTAXI), vehículos taxi de emisións CERO e vehículos taxi do tipo ECO.

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2025 (código de procedemento IF303A). Os prazos serán diferentes para as distintas liñas:

a) Para as liñas de taxi de CERO emisións e ECO poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 1 de maio de 2024 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda (31 de outubro de 2025). Porén, esta data límite do 31 de outubro para xustificar só será de aplicación a aqueles interesados que reciban a notificación de concesión con posterioridade ao 30 de xuño do 2025, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.

b) Para a liña EUROTAXI, poderán ser obxecto de subvención os seguintes vehículos:
Os vehículos que xa foran adquiridos, en calquera momento, e estean adscritos ou non a unha autorización no momento de presentación da solicitude, sempre que manteñan o compromiso de manter a titularidade do vehículo e o seu destino efectivo á actividade de taxi durante, cando menos, cinco (5) anos, desde a data da presentación da solicitude da axuda ou no suposto de non estar adscritos a unha autorización nese momento, desde a data da súa adscrición.
Os vehículos novos que se adquiran con posterioridade á presentación da solicitude e a data límite establecida na Orde para xustificar a axuda.
A data límite será o 31 de outubro de 2025, pero só para aqueles interesados que reciban a notificación da resolución de concesión con posterioridade ao 30 de xuño do 2025, de conformidade co artigo 18.1 desta Orde.

Actuacións subvencionables

Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de novos vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (EUROTAXI), que reúnan as seguintes condicións:

a) Deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.

b) Os vehículos deberán ser adquiridos, dentro dos prazos fixados na orde.

c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man, pois o solicitante terá que ser o seu titular na súa primeira matriculación, nin os adquiridos a través dun contrato de renting.

Tamén serán subvencionables con cargo a esta orde os novos vehículos taxi de tipo CERO emisións e ECO, que reúnan as seguintes condicións:
a) Deberán estar clasificados oficialmente nestas categorías pola Dirección Xeral de Tráfico de acordo co disposto na Orde PCI/810/2018, de 27 de xullo, pola que se modifican os anexos II, XI e XVIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado por Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro.
b) Os vehículos deberán ser adquiridos dentro dos prazos fixados na orde.
c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man, pois o solicitante terá que ser o seu titular na súa primeira matriculación, nin os adquiridos a través dun contrato de renting.

      Contía e prazo de presentación

      A axuda por vehículo para taxi adaptado (EUROTAXI) será de 10.000 euros, para taxi de CERO emisións de 4.000 euros e para taxi ECO de 1.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2025


      Descubre máis desde ASEC ASESORES

      Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

      Categorías: AXUDAS

      0 comentarios

      Deixa unha resposta

      Marcador de posición do avatar

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *