No marco do Plan de Transición á mobilidade eficiente naceron estas axudas, que buscan abordar a senda crecente das emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas polo consumo de combustibles fósiles nos vehículos antigos.

A quen está destinado?

Persoas físicas, autónomos e empresas que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia.

Cales son os gastos subvencionables?

  • Será subvencionable a adquisición de vehículos novos cun custo inferior ou igual a 42.000 € (impostos incluídos) , que se amplía a 47.000 € (impostos incluídos) para os vehículos eléctricos cunha autonomía superior a 30 km en modo eléctrico.
  • Unha persoa física só poderá adquirir un só vehículo.
  • Un autónomo ou empresa só poderá adquirir un máximo de dez vehículos.

Cal é o importe da subvención?

A intensidade da axuda será de ata un máximo de 4.600 € en función do tipo de beneficiario e das emisións de CO2 do vehículo.

Data límite de presentación

Próxima apertura, do 17 de xaneiro ao 30 de setembro de 2024.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nestas axudas IN421U para a adquisición de vehículos do INEGA, contacta xa connosco a través do formulario de contaco, ou se o prefires no teléfono 986 52 08 13.

    Lin e acepto o Aviso Legal e a Política de Privacidade.

    Declaro, baixo a miña propia responsabilidade, ser maior de 18 anos e son o único responsable da veracidade da devandita declaración..

    Acepto recibir a información que a entidade considere oportuna enviarme por correo electrónico ou medio de comunicación electrónico equivalente. (É posible darse de baixa en calquera momento).

    Categorías: AXUDAS

    0 comentarios

    Deixa unha resposta

    Marcador de posición do avatar

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *