Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas:

  • Liña 1: DESEÑAPEME; Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, con código de procedemento IN848E (as condicións particulares detállanse no anexo I)
  • Liña 2: INNOVAPEME; Plans de innovación en procesos e organización, con código de procedemento IN848D (as condicións particulares detállanse no anexo II)

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións contidas no artigo 2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. As entidades do terceiro sector deben ter actividade económica e entrar dentro da categoría económica de peme indicada no punto 3 do artigo 2.

As persoas beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que Establece as Condicións da Axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23 da presente resolución.

Contía, intensidade das axudas e concorrencia

As axudas se concederán en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada persoa beneficiaria se determinará sobre a inversión total que se subvenciona e será conforme aos límites de intensidade previstos nos artigos 28 e 29 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 segundo a seguinte táboa:

As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán compatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, salvo que se superen as intensidades máximas de axuda establecidas no Regulamento (UE) núm. 651/2014 que se indican, teñen a consideración de intensidade máxima.

Esta convocatoria se establece en réxime de concorrencia competitiva até o esgotamento de crédito e conforme aos criterios de avaliación establecidos nesta convocatoria.

Actividades que se subvencionan

Poderán presentarse solicitudes a unha ou ambas as dúas liñas da presente resolución.

Cada liña contemplará actividades diferenciadas que estarán incluídas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (no caso da liña 1), e en plans de innovación en procesos e organización (no caso da liña 2).

As actividades que se subvencionan para cada unha das liñas serán as indicadas no Anexo 1 (Liña 1 – DESEÑAPEME) e no Anexo II (Liña 2 – INNOVAPEME).

Os plans reunirán, necesariamente, as seguintes características.

Constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas, incluídas nas respectivas memorias descritivas da solicitude, e permitirán implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.
O orzamento subvencionable para cada plan será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 150.000 euros por plan. A presentación dun plan cun orzamento fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.
A duración máxima de cada plan será até o 30 de setembro de 2025; a presentación dun plan cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.
Ademais, na liña 2, os plans deberán ter unha duración mínima de 12 meses.

Soamente se financiarán as actividades desenvolvidas na Comunidade Autónoma Galega.

Será requisito indispensable para ser elixible o aliñamento do proxecto cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da Estratexia de Especialización de Galicia (RIS3).

De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador. O comezo do plan terá como data mínima de inicio a data de solicitude, polo que calquera actividade ou investimento terá que ser executado con posterioridade á solicitude.

Conceptos de gasto que se subvencionan

Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos obxectivos de innovación para os que foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos que se subvencionan poderá ser superior ao valor de mercado.

Consideraranse os custos directos que se subvencionan os seguintes:
1) Custos de persoal, propio ou de nova contratación, rexeranse polo disposto no artigo 9 desta convocatoria.
2) Custos de adquisición de propiedade industrial: corresponden exclusivamente á adquisición de licenzas de propiedade industrial, que deberán ser adquiridas ou obtidas de fontes externas, sempre e cando a operación se realice en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.
3) Custos de material, subministros e produtos similares, que se deriven directamente do desenvolvemento do proxecto de deseño e que deberán estar detallados e xustificados na memoria presentada na solicitude. Entrarán neste concepto de custe as licencias de software mediante subscrición, pago por uso, ou similar. Os custos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto.
4) Subcontratacións: aquelas actuacións contratadas con terceiros, que supoñan a execución dunha parte das actividades incluídas no plan que constitúe o obxecto da subvención. Rexeranse polo disposto no artigo 11 desta convocatoria. A subcontratación máxima será do 50% do custos directos elixibles do plan.
Na liña 1 relativa ao plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade, as subcontratacións elixibles serán unicamente prestadas na dita materia por entidades provedoras de servizos de deseño, profesionais do deseño, estudos de deseño e empresas externas de servizos de consultaría especializadas nas disciplinas de deseño obxecto da convocatoria. O profesional ou equipo de profesionais colaboradores externos que presten o servizo deberán dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño específico no que participen e contar cunha experiencia demostrable superior a 2 anos na prestación de servizos similares aos solicitados pola empresa.
5) Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, así coma a obtención de certificacións. No relativo a patentes, inclúese a xestión da tramitación de novas patentes, modelos de utilidade e os dereitos de propiedade intelectual tanto en España coma internacionalmente, excluíndo o mantemento ou ampliación das existentes.
No relativo á obtención de certificacións, aceptaranse os custos de normas oficiais vinculadas aos obxectivos innovadores presentados na memoria técnica da solicitude, como, a modo indicativo, a especificación EA0047 “Requisitos para a consideración como Pequena ou Mediana Empresa innovadora”, EA0043 ”Requisitos da Xove Empresa Innovadora” e as incluídas na serie de Normas UNE 166000 dedicadas a apoiar a optimización da “Xestión da I+D+i” e outras certificacións específicas que se
consideren axeitadas para o desenvolvemento da actividade empresarial innovadora dentro do plan.
6) Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño e/ou innovación: consultaría, e asistencia nos ámbitos da transferencia de coñecemento, a adquisición, protección e explotación de activos inmateriais, e o uso de normas e regulamentos que os incorporan, así como a consultoría e a asistencia sobre a introdución ou a utilización de tecnoloxías e solucións innovadoras (incluídas as tecnoloxías e as
solucións dixitais).
7) Custos de servizos de apoio en materia de innovación: o subministro ou accesos a bases de datos, bibliotecas, estudo de investigación de mercados, laboratorios, etiquetaxe de calidade, ensaio, experimentación e certificación ou outros servizos relacionados – incluídos os servizos prestados por organizacións de difusión de investigación e coñecementos, infraestruturas de investigación e infraestruturas de ensaio e experimentación ou outras agrupacións empresariais innovadoras, co fin de
desenvolver produtos, procesos ou servizos máis eficaces ou tecnoloxicamente avanzados, incluída a aplicación de tecnoloxías e solucións innovadoras (incluídas as tecnoloxías e as solucións dixitais);
8) Custos de equipamento e material instrumental inventariables, de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axudas públicas, na medida en que se utilicen para as actividades do plan e segundo a súa correspondente amortización.
Se o equipamento e material non se utiliza exclusivamente para as actividades do plan, ou por exceder a súa vida útil a duración de este, só serán imputables os custos de amortización que correspondan ao período que se subvenciona, calculados sobre a base das boas prácticas contables e a táboa de coeficientes de amortización lineal da Axencia Tributaria (ou no seu defecto de conformidade co anexo IX). Para que este custo sexa considerado como gasto, deberá detallarse na solicitude o procedemento
de cálculo seguido para calcular os custos de amortización tendo en conta o tempo concreto de imputación ás actividades da memoria presentada. Cando polas súas características específicas, o equipamento ou material instrumental se dedica exclusivamente ás actividades do plan e a súa vida útil esgótase ao termo do período que se subvenciona, poderá considerarse como gasto o custo de adquisición. Neste caso, deberase xustificar na solicitude esta condición e a vida útil deste equipamento.
A instalación do equipamento ou material instrumental, sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa posta en funcionamento, poderase incluír no custo amortizable.
Inclúense neste concepto de gasto a adquisición de licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as actividades de I+D+i e non de uso xeral e son coherentes cos obxectivos presentados na memoria técnica.
Tamén se inclúen os activos necesarios para o prototipado ou validación de pilotos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *