O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), no seu compromiso por fomentar a mellora competitiva do tecido empresarial galego, deseñou o programa Re-acciona, co obxectivo de apoiar ás pequenas e medianas empresas (pemes) no desenvolvemento de solucións que incrementen a súa competitividade, eficiencia e sostibilidade.

O programa queda configurado deste xeito como un programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos -seleccionadas mediante procedemento de concorrencia competitiva, de acordo coa lei de subvencións de Galicia-, permítelles ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos:

  • Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
  • Desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
  • Análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance).
  • Captación, Fidelización e Xestión de Talento.
  • Desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG.
  • Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
  • Circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
  • Asesoramento para o relanzamento comercial.
  • Preparación de procesos certificables.
  • Apoio para empresas emerxentes innovadoras.
  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
  • Protección da innovación.
  • Asesoramento para o financiamento da innovación.

As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos ata un máximo de 2 servizos por peme beneficiaria. Ademais, as pemes non poderán solicitar un servizo do mesmo tipo que outro xa solicitado anteriormente, agás que renuncie ao anterior ou que a súa prestación xa estivese finalizada.

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Contía da axuda

O importe definido para cada tipo de servizo determínase segundo o seguinte esquema, en función da duración mínima orientativa de cada servizo:
Denominación: Importe do servizo (IVE non incluído)
Categoría 1: Análise e Avaliación competitiva 3.780 €
Categoría 2: Optimización e mellora competitiva 5.355 €
Categoría 3: Estratexias de Competitividade avanzada 6.300 €

Categoría 1: Análise e Avaliación competitiva, cunha duración mínima orientativa de 60 horas.
Categoría 2: Optimización e mellora competitiva, cunha duración mínima orientativa de 85 horas.
Categoría 3: Estratexias de Competitividade avanzada, cunha duración mínima orientativa de 100
horas.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDASIGAPE

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *