CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA A PROMOCIÓN DAS FESTAS POPULARES DO ANO 2024

OBXECTO

É obxecto das presentes Bases a regulación da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro do Concello de Cambados que organicen as festas patronais ou populares de tradición e arraigo no concello.

Estas subvencións teñen por finalidade favorecer a iniciativa veciñal organizada, mediante asociacións culturais do Concello de Cambados, para que desenvolvan eventos de natureza participativa do concello, concretamente, as súas festas patronais ou populares tradicionais. Búscase promover deste xeito a cultura popular e a tradición festiva do concello.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Son gastos subvencionables aqueles directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, derivados da organización e contratación polas beneficiarias, no período subvencionable, de servizos ou actividades de carácter festivo ou lúdico, dentro do programa das festas populares ou patronais que celebren.

Isto pode incluír os gastos de contratación de actividades musicais e culturais, o alugamento de infraestruturas, dereitos de autor, publicidade da propia actividade, pirotecnia e outros directamente vinculados á actividade obxecto de subvención.

Subvencionaranse actuacións levadas a cabo entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2024.

    BENEFICIARIOS

    Poderán solicitar estas subvencións as asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos:
    – Carecer de fins de lucro.
    – Ter o seu domicilio social no termo municipal de Cambados e figurar inscritas como tal no Rexistro Municipal de Asociacións.
    – Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio.
    – Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei.
    – Estar ó corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Cambados.

    XUSTIFICACIÓN

    A subvención que conceda o Concello de Cambados poderá financiar ata o 100% do custo da actividade subvencionada.
    No caso de que se xustifique un gasto inferior á cantidade concedida, aboarase a parte proporcional da subvención.

    Ata o día 30 de novembro (inclusive), as entidades beneficiarias deberán presentar a xustificación da subvención concedida, segundo os formularios previstos, debendo acompañar documentación requerida nas bases. De non presentala xustificación dentro do prazo establecido nestas bases, entenderase que desiste da súa petición. No caso de que a xustificación presentada se estime insuficiente e emendable, o Concello requirirá a asociación no prazo de 10 días naturais, para que emende os defectos apreciados. Si transcorrido dito prazo, non se producira a emenda requirida, tal feito ocasionará a revogación da subvención e, en consecuencia o impago da mesma.

    CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES BENÉFICOASISTENCIAIS SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2024

    OBXECTO

    É obxecto das presentes Bases a regulación da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos servizos sociais en Cambados no ano 2024.

    A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar ás entidades na realización de actuacións cuxos obxectivos sexan a mellora das condicións de vida dos colectivos vulnerables así como corrixir situacións de desvantaxe social. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade e igualdade.

    GASTOS SUBVENCIONABLES

    Son gastos subvencionables aqueles directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, debendo estar estas dentro do obxecto da convocatoria, que realicen as entidades no termo municipal de Cambados.
    Especificamente quedan excluídos, isto é, non se consideran gastos subvencionables, os derivados de comidas por xuntanzas e, en xeral, gastos que non estean directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, ou que dificilmente poidan relacionarse coa mesma. Neste sentido terase especialmente en conta os conceptos especificados nas facturas que se entregarán como xustificantes dos gastos.
    Subvencionaranse actuacións levadas a cabo entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2024.

    BENEFICIARIOS

    Poderán solicitar estas subvencións as asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos: Carecer de fins de lucro. Ter o seu domicilio social no termo municipal de Cambados e figurar inscritas
    como tal no Rexistro Municipal de Asociacións, ou non tendo o domicilio no termo municipal afecten dun modo directo a colectivos ou intereses deste Concello. Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ou que afecten a colectivos deste Concello. Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin
    nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei. Estar ó corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Cambados.

    XUSTIFICACIÓN

    A subvención que conceda o Concello de Cambados poderá financiar ata o 100% do custo da actividade subvencionada. No caso de que se xustifique un gasto inferior á cantidade concedida, aboarase a parte
    proporcional da subvención.
    Ata o día 30 de novembro (inclusive), as entidades beneficiarias deberán presentar a xustificación da subvención concedida, segundo os formularios previstos, debendo acompañar a documentación establecida nas bases.

    De non presentala xustificación dentro do prazo establecido nestas bases, entenderase que desiste da súa petición. No caso de que a xustificación presentada se estime insuficiente e emendable, o Concello requirirá a asociación no prazo de 10 días naturais, para que emende os defectos apreciados. Si transcorrido dito prazo, non se producira a emenda requirida, tal feito ocasionará a revogación da subvención e, en consecuencia o impago da mesma.

    Categorías: AXUDAS

    0 comentarios

    Deixa unha resposta

    Marcador de posición do avatar

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *