Axudas destinadas a promover actividades acuícolas sostibles, reforzando a competitividade da produción acuícola e garantindo ao mesmo tempo que as actividades sexan medioambientalmente sostibles a longo prazo.

  1. Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que a continuación se detallan, que teñen por obxecto fomentar a competitividade e sustentabilidade do sector da acuicultura e impulsar o espírito empresarial:
    a) Investimentos para unha acuicultura economicamente viable, competitiva e atractiva.
    b) Mellora e construción das infraestruturas dependentes das explotacións acuícolas e asociadas directamente ás súas instalacións.
    c) Protección das instalacións fronte a adversidades climáticas, alteracións da contorna e auga, escapes, depredadores etc.
    d) A creación de empresas acuícolas por parte de novas persoas acuicultoras para impulsar o espírito empresarial e favorecer a substitución xeracional.
  2. Modalidade B: axudas destinadas a contribuír á neutralidade climática mediante a redución da pegada de carbono, o incremento da eficiencia enerxética e a reconversión a fontes de enerxía renovables.
  3. Modalidade C: axudas destinadas a mellorar o rendemento, a competitividade e a sustentabilidade das explotacións acuícolas a través dos servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, tecnolóxico, xurídico ou económico ás explotacións.
Investimento máximo subvencionable e intensidade de axúda

Modalidades A e B: a contía máxima da axuda será o 50% do gasto total subvencionable para as operacións executadas por pemes e do 40% en caso de grandes empresas, ata un límite máximo de 25.000.000,00 € de axuda por beneficiario.
En caso de solicitudes para a construción de barcos auxiliares de acuicultura, a contía máxima do gasto subvencionable da operación será de 300.000,00 €. Este importe será incrementado en 25.000,00 € por cada establecemento de acuicultura do que sexa/n titular/é a/s persoa/s solicitante/s, ata o límite máximo de 600.000,00 € de custo subvencionable por embarcación.
Modalidade C: a contía máxima da axuda será o 50% do gasto total subvencionable da operación.

Prazo de presentación da solicitude

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *