Axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que poñen en risco a asunción dos custos básicos da actividade.
Contía da axuda
A contía da axuda fíxase en 550 euros, por persoa con permiso de explotación vixente para marisqueo a pé, e marisqueo a pé con embarcación auxiliar.
No caso das embarcacións con permiso de explotación coa modalidade de marisqueo á boia con vara, a contía da axuda fíxase en 550 euros por persoa enrolada nos meses de outubro e novembro de 2023.
Persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias, físicas ou xurídicas, deberán cumprir os seguintes requisitos:
Ser titular dun permiso de explotación en vigor para marisqueo a pé de recursos marisqueiros xenerais, para marisqueo a pé con emprego de embarcación auxiliar ou persoas armadoras de embarcacións con permiso de explotación coa modalidade de marisqueo á boia con vara.
Non alcanzar como resultado económico da actividade extractiva, ingresos
equivalentes a 5 veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, índice de referencia en España para a asignación de axudas e subsidios en función dos ingresos), durante o período conxunto dos meses de outubro e novembro de 2023.
Ademais terán dereito á axuda aquelas persoas en situación de incapacidade temporal, cesamento de actividade, ou que estivesen percibindo algunha compensación por inactividade en todo ou en parte do período comprendido entre outubro e novembro de 2023, sempre que a suma das prestacións percibidas e os ingresos por marisqueo non alcanzasen importes equivalentes ao nivel de 5 veces o IPREM no mesmo período.
Comprobación e Publicación
A Consellería do Mar, despois de consultar os rexistros dos permisos de explotación marisqueira en vigor nos meses de outubro e novembro de 2023, así como os datos de ingresos pola actividade extractiva de marisqueo nese período, dispoñibles no Servizo de Análise e Rexistros da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, elaborará unha relación de persoas que, por reunir os requisitos previstos nos apartados 1 e 2 do punto sexto, puidesen acollerse a esta axuda.
Esta relación publicarase o día 5 de febreiro de 2024 na seguinte dirección
https://mar.xunta.gal/gl/d e-interese/novidades
A publicación realizarase de conformidade coas garantías establecidas na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Forma e lugar de presentación da aceptación
As persoas incluídas na relación indicada no punto anterior dispoñerán dun prazo de 5 días naturais desde o mesmo día da súa publicación para aceptar a axuda, que deberán presentar por escrito segundo o formulario que acompaña a esta resolución (anexo I) e no que se indicará o número de conta para o abono da axuda.
Aquelas persoas que percibisen prestacións por causa de incapacidade temporal, cesamento de actividade ou outras semellantes, derivadas da súa actividade extractiva marisqueira presentarán mediante declaración responsable no documento anexo sinalado, a contía percibida no período de outubro e novembro, a fin de poder calcular o sometemento dos ingresos ao nivel IPREM establecido.
A non aceptación da axuda no prazo indicado supoñerá a renuncia á mesma.
As persoas incluídas na relación, e aqueloutras persoas que non figuren na mesma, dispoñerán tamén dun prazo de 5 días naturais desde a publicación da mesma, para achegar as alegacións e documentación que estimen oportunos.
A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Resolución e pago da axuda
As resolucións de concesión poderán ditarse sucesivamente a medida que se vaia verificando que toda a documentación que esixe o punto oitavo desta resolución é correcta e está completa.
O pago da axuda efectuarase no número de conta bancaria achegada polo beneficiario xunto coa aceptación da axuda.
Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios