Bono das persoas traballadoras autónomas, destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.
A quen está destinado?
As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2023, inferior a 50.000 euros.
c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2023.
As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2023.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2023, inferior a 50.000 euros.
Que gastos son subvencionables?
Esta axuda diríxese á mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:
- Compra de Maquinaria.
- Compra e/o instalación para a mellora da eficiencia enerxética
- Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos
- Compra de utillaxe e ferramentas.
- Reforma do local ou espazo do negocio.
- Equipamento informático
- Equipamento de oficina e/o negocio
- Rótulos.
- Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
- Deseño de marca
Cal é o importe da axuda?
Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias deste programa, unha subvención do 60% de cada unha dos investimentos para subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros totais de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
Data límite de presentación
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 24 de xaneiro de 2025 e finalizará o 30 de setembro de 2025.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado nestas axudas de bono autónomo, contacta connosco a través de info@asecasesores.com
Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios