A presente convocatoria ten por obxecto promover a participación de pemes da provincia de Pontevedra
na actuación Misión de viños da D.O. Rías Baixas a Italia, do 15 ao 18 de xullo de 2024.

Esta actuación vai dirixida a pemes do sector do viño da denominación de orixe Rías Baixas da provincia
de Pontevedra. No caso de que se organice a mesma actuación en varias anualidades, unha mesma empresa poderá participar un máximo de 4 veces na mesma.

ORZAMENTO E CONTÍA DAS AXUDAS. CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

Custo unitario para cubrir os gastos de viaxe (transporte, aloxamento e manutención).

  • Custo unitario gastos de transporte: 288 euros
  • Custo unitario gastos de aloxamento e/ou manutención: 212 euros /día de actividade en destino

No caso de que sexa necesaria a presenza de dous representantes da empresa, haberá de solicitarse no momento de presentar a solicitude de participación (utilizando para iso o anexo IV da convocatoria). A
autorización dos gastos de viaxe do segundo participante concederase por rigorosa orde de inscrición
na actuación ata alcanzar o límite orzamentario dispoñible, e concederase só no caso de que houbese remanentes ou non se inscribisen o número total de empresas previsto ou algunha se dea de baixa. A
participación e o apoio dos custos de viaxe ata o límite indicado do segundo participante da empresa,
deberá contar co visto e prace por escrito da Cámara de Comercio.
Admitiranse empresas ata esgotar o orzamento dispoñible, sendo o número estimado de empresas
beneficiarias será de 12.
A contía máxima da axuda por empresa beneficiaria ascende a:
– 554,40 €, no caso de ter unha bolsa de viaxe
– 1.108,80 € no caso de ter dúas bolsas de viaxe

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os interesados só poderán presentar a súa solicitude e documentación que se acompañe á mesma, a través do formulario habilitado para ese efecto na Sede electrónica nos termos previstos na presente convocatoria.
O prazo para a presentación de solicitudes ábrese ás 09:00h do día hábil seguinte ao da publicación do
extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e finaliza o 5/06/2024 ás
14.00 Horas, ou con anterioridade á devandita data de fin se se esgotase o crédito orzamentario establecido no apartado 6 desta convocatoria unha vez cubríronse as 12 solicitudes de axuda aprobadas pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *