Subvencións para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal.

As axudas aos comercios retallistas e os obradoiros artesáns para adecuarse á nova realidade e introducir novas tecnoloxías dirixidas a transformar dixitalmente os seus negocios e promover no sector comercial e artesanal a sostibilidade ambiental e a eficiencia de recursos

Para quen é?

  • Comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados
  • Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Que gastos son subvencionables?

Liña de dixitalización e innovación comercial.

  • Implantación ou mantemento de páxina web con ou sen venda online.
  • Hardware (sistema TPV ou tablet), impresora de código de barras térmica 1D/2D e báscula
    dixital.
  • Software de xestión adaptado á actividade comercial desenvolvida (programas de xestión
    comercial, de xestión loxística do e-commerce, de factura electrónica, de pagamento, etc).
  • Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).
  • Loxística e-commerce, entendéndose como o servizo de transporte para envíos en liña.
  • Xestor de redes sociais, e imaxe dixital.
  • Etiquetaxe electrónica para lineais de venda.
  • Sistemas de click and collect e lockers dixitais.
  • Terminais de autopagamento para a clientela (self check out).
  • Solucións de ciberseguridade.
  • Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).
  • Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).
  • Aplicacións de realidade virtual e aumentada.
  • Pantallas e escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.

Liña de modernización comercial

  • Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial, adquisición de moblaxe auxiliar destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de mobiliario expositivo de produtos que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
  • Custos dos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración do establecemento comercial.
  • Portas automáticas con sensores de proximidade.
  • Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces.
  • Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes.
  • Actuacións de mellora da fachada e de illamento térmico e acústico e colocación de toldos e rótulos do establecemento comercial.
  • Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal que deberán ser en todo caso de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal.

Liña de sostibilidade ambiental

  • Caixas de cartón 100 % reciclado.
  • Sobres de cartón ou papel 100 % reciclado.
  • Papel vexetal.
  • Recheos para embalaxe (recheos vexetais e proteccións acolchadas de papel 100 % reciclado).
  • Bolsas de papel 100 % reciclado.
  • Bolsas de tea de algodón 100 %.
  • Bolsas de tea de liño 100 %.
  • Bolsas de tea de cáñamo 100 %.

Cal é o importe da subvención?

  • A porcentaxe de axuda é do 80 % .
  • importe máximo de investimento da axuda a cada entidade beneficiaria dependera da Liña de Axuda e do tipo de inversión realizada.

Data límite de presentación

Próxima apertura.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nestas axudas para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal.,  ponte en contacto connosco no teléfono 986520813 agora en info@asecasesores.com


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad