[DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN: 21 DE FEBREIRO]. Destínanse á implantación de solucións para o soporte dixital dos procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre varias empresas.

Dixitalización da xestión integral da empresa

As axudas á transformación dixital das pemes teñen como obxectivo poñer en marcha proxectos de dixitalización para a implantación de solucións dixitais para procesos dunha empresa ou de varias empresas galegas, como ordes de fabricación distribuídas ou sistemas de facturación.

A quen está destinado?

  • Autónomos e pemes con centro de traballo en Galicia para solicitar proxectos individuais.
  • Grupos de empresas para solicitar proxectos colectivos.

Que gastos son subvencionables?

  • Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións comerciais ou adopción/implementación dunha solución de interacción existente cos seus clientes ou provedores.
  • Sistema de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónoma, interconexión de elementos físicos e virtuais, procesamento de datos capturados e ciberseguridade.
  • Implantación de sistemas orientados á dixitalización de procesos específicos ou xestión integral: ERP, CRM e similares.
  • Mellora da función loxística da empresa.

Cal é o importe da axuda?

  • No caso de investimentos materiais e inmateriais ata un 35% e para servizos de consultoría un 50%.
  • O importe mínimo subvencionable dos proxectos deberá ser de 12.000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.
  • Os proxectos divídense segundo o seu importe subvencionable:
    • Tipo 1: Proxectos de importe inferior a 50.000 €
    • Tipo 2: Proxectos cun importe comprendido entre 50.000 e 120.000 €.
    • Tipo 3: Proxectos con importe superior a 120.000 €

Data límite de presentación

Próxima apertura , ata o 21 de febreiro de 2025.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nestas Axudas para a transformación dixital das pemes, contacta connosco agora a través de in**@as**********.com


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *