Obxecto
Fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos nos que incorran dende o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia.
Consideraranse startups, de acordo coa definición contida no artigo 3 da lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, toda persoa xurídica, incluídas as empresas de base tecnolóxica creadas ao amparo da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación

Para acceder a estas axudas, as startups deberán cumprir, ademais, polo menos, unha das seguintes condicións no momento de solicitar a axuda:

  • Dispor da certificación de ENISA prevista na Lei 28/2022.
  • Acreditar a cualificación de Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica da Xunta de Galicia (EIBT).
  • Ter participado nalgún proceso de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia no seu desenvolvemento (Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, BFClimatech, Turislab, Galicia Avanza).
  • Acreditar mediante certificado para o efecto emitido polo centro de orixe o carácter de Spinoff das Universidades, dos Centros de FP ou de Centros Tecnolóxicos.
  • Estar inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
  • Dispor da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou xove empresa innovadora, respectivamente.
  • Dispor da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).

    Condicións e conceptos subvencionables

    Poderán ser subvencionables calquera gasto ou investimento nos que incorra a startup dende o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda, que estean vinculados coa actividade da startup en Galicia. O importe mínimo subvencionable deberá acadar 10.000 €. Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser novos, adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros.

      Intensidade de axuda

      Concederase unha axuda do 100% ata un máximo de 20.000 € para os gastos e investimentos realizados (facturados e pagados) pola startup durante o período subvencionable.

      O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.


      Descubre máis desde ASEC ASESORES

      Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

      Categorías: SUBASTAS

      0 comentarios

      Deixa unha resposta

      Marcador de posición do avatar

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *