Operacións subvencionables

A axuda á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das operacións seguintes:
a. .Replantación con ou sen sistema de condución.
b. Reconversión de viñedos por cambios de variedade: sobreenxertado.
c. Mellora de técnicas de xestión.
d. Replantación de viñedos cando sexa necesario tras o arrinque obrigatorio por motivos sanitarios ou fitosanitarios por orde da autoridade competente.
As accións subvencionables de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios recóllense nos anexo V e VI desta orde e deberán perseguir un ou mais dos obxectivos globais establecidos en función de se cumpren unha ou varias das características de cada operación.

Requisitos de admisibilidade

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras e futuras viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantacións de viñedo, para todas as superficies de viñedo da súa explotación e coas disposicións relativas ás declaracións obrigatorias do sector vitivinícola.

As persoas viticultoras cuxas solicitudes de axuda fosen aprobadas en convocatorias anteriores do Programa de apoio ao sector vitivinícola (PASVE 2019-2023) ou da Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV 2024-2027), segundo corresponda, non poderán acceder á axuda nas dúas convocatorias seguintes, se:
a) Renunciaron á axuda dunha operación solicitada, unha vez aprobada, agás que comunicasen a súa renuncia no prazo de 10 días dende a súa notificación.
b) Non solicitaron o pagamento dunha operación aprobada, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pago dentro do segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda.
c) Non executaron unha operación aprobada para a que solicitaron o pagamento.

Operacións subvencionables

A axuda á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das operacións seguintes:
a. .Replantación con ou sen sistema de condución.
b. Reconversión de viñedos por cambios de variedade: sobreenxertado.
c. Mellora de técnicas de xestión.
d. Replantación de viñedos cando sexa necesario tras o arrinque obrigatorio por motivos sanitarios ou fitosanitarios por orde da autoridade competente.
As accións subvencionables de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios recóllense nos anexo V e VI desta orde e deberán perseguir un ou mais dos obxectivos globais establecidos en función de se cumpren unha ou varias das características de cada operación.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *