Obxecto

O obxecto desta orde é o de establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento administrativo MT821A).

De acordo con a Lei 15/2002 pola que se declara o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, entenderase por área de influencia socioeconómica do Parque Nacional a área ocupada polos concellos que teñen parte da súa superficie no Parque Nacional, é dicir, a superficie dos concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

As entidades empresariais que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas, cuxa sede social estea radicada na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional (Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo), e cuxa actividade principal desenvólvase nesta área. Incluídas as empresas de inserción laboral (EIL) e de centros especiais de emprego

  • Iniciativas destinadas á conservación ou á restauración do patrimonio arquitectónico, sempre que presenten un manifesto valor histórico-artístico ou cultural a escala local ou que sirvan para a difusión, a información a visitantes, ao uso público e mesmo actividades de xestión do medio natural. As actuacións subvencionables serán do tipo de: recuperación de hórreos, fornos comunais e outras parecidas.
  • Iniciativas privadas destinadas á posta en marcha de actividades económicas relacionadas co Parque Nacional, en particular, as relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais. As actuacións subvencionables serán do tipo de: empresas de roteiros guiados, mergullo recreativo – educativo, promoción de actividades no inverno e outras semellantes.
  • Iniciativas privadas destinadas ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional, así como actuacións para alcanzar as condicións esixidas para a concesión da cédula de habitabilidade, dos edificios que se atopan en terreos do interior do perímetro do Parque Nacional e cumpran algunha das seguintes condicións: Teñan unha antigüidade de mais de 50 anos, o seu uso estea directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario, sexan utilizados polas persoas propietarias ou titulares dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010 que regula o procedemento para outorgamento das concesións da illa de Ons e que estean ao día nos deberes derivados da súa concesión. As actuacións subvencionables serán do tipo de adaptación de cubertas, arranxo de fachadas, aseos…
  • Iniciativas privadas orientadas á divulgación e formación entre a poboación local dos valores e importancia do Parque Nacional e da conservación dos devanditos valores, naturais e culturais, que xustificaron a súa declaración.

Importe e intensidade da axuda

Subvencionarase o 100 % do investimento subvencionable, ata un importe máximo de de axuda de 6.000,00 €.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *