Incentivos para empresas de base tecnolóxica

Estas axudas a empresas previamente cualificadas como IEBT, teñen como finalidade favorecer a creación de novas iniciativas empresariais mediante o apoio aos gastos iniciais da actividade, a creación de emprego, o asesoramento empresarial e a conciliación da vida persoal-laboral.

A quen está destinado?

Empresas privadas, incluídos os autónomos , con domicilio social, domicilio fiscal e centro de traballo en Galicia que se constituyan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde a cualificación do proxecto como IEBT.

Cal é o importe da axuda?

  • Subvención á creación directa de emprego estable : Creación de postos de traballo fixos, incluídos os de promotores.
    • De 6.000 € a 12.000 € base, que se pode incrementar en función do perfil da persoa contratada.
  • Apoio á función directiva : Axudas para mellorar o coñecemento da función directiva e para análises externas, estudos, informes ou outras formas de asesoramento sobre a actividade.
    • Cúbrense ata o 75 % dos custos asociados cun límite de 5.000 € para formación e 10.000 € para medidas de apoio .
  • Axudas para o inicio e posta en marcha da actividade : Gastos necesarios para o inicio da actividade, entre outros: gastos notariais e de rexistro, compra de mercadorías, aluguer do local, maquinaria e material informático, seguros, páxina web, subministracións.
    • Ata 24.000 € en función dos postos de traballo creados.
  • Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos promotores : Custo do servizo de gardería ou coidadores de promotores con menores de 12 anos e/ou custo dos centros ou servizos de atención a persoas maiores de 70 anos, dependentes e/ou discapacitados.
    • Ata o 75% dos custos, cun límite de 3.000 €.

Data límite de presentación

Próxima apertura, do 10 de abril ao 30 de setembro.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado no programa de axudas TR340E para a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica , ponte en contacto connosco agora a través do seguinte formulario.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *