A finalidade deste programa é apoiar a conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia

A quen está destinado?

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadores autónomas, ou membros das sociedades mercantís, laborais e civís, e comunidades de bens, a título individual. A actividade empresarial ou profesional deberá desenvolverse en Galicia.

  • Bono Autónomo Concilia I: a persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato a realizar será de substitución, ou contrato indefinido, segundo o caso, formalizado por escrito en modelo oficial coas tarefas a realizar pola persoa substituta que deben ser as mesmas que a persoa traballadora autónoma substituída.
  • Bono Autónomo Concilia II: Ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade e dependencia. De non existir relación de parentesco debe acreditarse a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e dependencia, como mínimo nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.
  • Bono Autónomo Concilia III: ten que acreditarse a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir relación de parentesco debe acreditarse a convivencia previa de igual forma que no parágrafo anterior.

Que gastos son subvencionables?

Bono autónomo Concilia I
Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma para a substitución nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e pola duración do mesmo. Tamén será subvencionable a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactancia.

Bono autónomo Concilia II
Será subvencionable a contratación indefinida realizada por unha persoa traballadora autónoma para o coidado de menores e/o maiores, e/o persoas con discapacidade ou dependencia.

Bono autónomo Concilia III
Será subvencionable, o 75% dos custos do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/o persoas con discapacidade ou dependencia

No caso de menores serán subvencionables os servizos de coidado que xurdan en períodos de vacacións escolares, cando os centros educativos están pechados polas devanditas vacacións, segundo o calendario escolar oficial. Estes servizos comprenden a asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos, especificamente organizados, para a atención de menores nos períodos de vacacións escolares; tamén serán subvencionables os mesmos servizos de coidado de menores que xurdan fose do horario escolar, durante o período lectivo do centro onde está escolarizado o/a menor, que deberá acreditarse mediante a presentación do horario oficial do colexio.
Inclúense os gastos de comedor, a condición de que aparezan desagregados como tales e o seu importe quede reflectido na correspondente factura.

Cal é o importe da axuda?

Bono autónomo Concilia I
O importe da subvención para compensar a devandita contratación será de 1.100€ por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, e polo período de duración da baixa de maternidade ou paternidade.
Nos supostos de risco durante o embarazo o período máximo que se terá en conta para a axuda será de oito meses de contratación, sendo por tanto o importe máximo que se pode percibir de 8.800€.
No caso de transformación do contrato de substitución en contrato indefinido unha vez finalizado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, o importe da subvención será de 7.500€, e alcanzará os 9.000€ cando a persoa encádrese nalgún dos colectivos especificos

Bono autónomo Concilia II
O importe da subvención para compensar a devandita contratación será de 7.500€, e alcanzará os 9.000€ cando a persoa encádrese nalgún dos seguintes colectivos especificos

Bono autónomo Concilia III
Será subvencionable, o 75% dos custos do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/o persoas con discapacidade ou dependencia, ata un máximo de 3.000 €.

Data límite de presentación

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 24 de xaneiro de 2025 e finalizará o 30 de setembro de 2025.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nestas  axudas de bono autónomo, contacta connosco a través de info@asecasesores.com


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *