A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, convoca axudas dirixida a PEMES do sector de viños da denominación de orixe Rías Baixas da provincia de Pontevedra, levando a cabo o proceso de selección de empresas participantes na actuación SHOWROOM DE VIÑOS DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS EN COLOMBIA E MÉXICO, no marco do programa Peme Global.
OBXECTO
A presente convocatoria ten por obxecto promover a participación de pemes da provincia de Pontevedra na actuación SHOWROOM DE VIÑOS DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS EN COLOMBIA E MÉXICO, que terá lugar entre o 6 e o 13 de abril de 2024. Esta actuación vai dirixida a PEMES da provincia de Pontevedra de viños con denominación de orixe Rías Baixas. No caso de que se organice a mesma actuación en varias anualidades, unha mesma empresa poderá participar un máximo de 4 veces na mesma.
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS
Poderán ter a condición de beneficiarios, as empresas que cumpran os requisitos imprescindibles para
optar ao programa de axudas indicados a continuación:
- Ser unha pequena e mediana empresas, segundo a definición de peme segundo a definición recollida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
- Estar dada de alta no Censo do Imposto de Actividades Económicas.
- Ser unha empresa industrial, comercial e/o de servizos de calquera sección do IAE.
- Que teñan o seu domicilio social e/o centro produtivo nalgún dos municipios da provincia de Pontevedra, de conformidade cos datos recolleitos no censo.
- Estar ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
- Non atoparse incursa en ningunha das prohibicións a que fai referencia o artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.
- Non ter a consideración de empresa en crise conforme ao disposto no artigo 2, apartado 18, do Regulamento (UE) Nº 651/2014.
- Cumprir a norma de minimis contida no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DO L de 15.12.2023), segundo o cal, as axudas totais de minimis concedidas a unha “única empresa” non poderán ser superior a 300.000 euros nos tres anos previos á devandita concesión.
- Ter unha cifra de negocio mínima de 100.000 € no último exercicio pechado.
- Ter un persoal medio no último exercicio (desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro) de, polo menos, 2 empregados por conta allea.
Orzamento de execución das pemes participantes:
O orzamento da convocatoria destinado ás axudas relativas á execución das pemes participantes nesta convocatoria é de 57,918 euros e comprende os conceptos que se relacionan a continuación:
Custo unitario para cubrir os gastos de viaxe (transporte, aloxamento e manutención), calculado a partir dunha referencia obxectiva, de conformidade co art.53.3 letra a), inciso i) do Regulamento (UE) 2021/1060.
- Custo unitario gastos de transporte: 1.201 euros, independentemente de se se viaxa aos dous destinos ou a un só.
- Custo unitario gastos de aloxamento e/o manutención: 197 euros /día de actividade en Colombia e de 322 €/día de actividade en México.
Subvenciónase unha persoa por empresa. No caso de ser necesaria a presenza de dous representantes da empresa, poderá solicitarse a participación dunha segunda persoa no momento de presentar a solicitude de participación (utilizando para iso o anexo IV da convocatoria). A autorización dos gastos de viaxe do segundo participante concederase en función da dispoñibilidade orzamentaria, por rigorosa orde de inscrición. A participación e o apoio dos custos de viaxe do segundo participante da empresa, deberá contar co visto e prace por escrito da Cámara de Comercio. O custo unitario aplicará a cada un dos participantes que acudan á actuación.
Admitiranse empresas ata esgotar o orzamento dispoñible, sendo o número estimado de empresas
beneficiarias de 21.
A contía máxima da axuda por empresa beneficiaria ascende a 1.654,80 para empresas cun participante, corresponde ao 60% do cofinanciamento de FEDER do importe os gastos detallados neste apartado, sendo o 40% restante achegado pola empresa beneficiaria, quen deberá contratar e prefinanciar devanditos gastos.
No caso de empresas ás que se lles aprobe a participación dun segundo representante, a contía
máxima da axuda achegada por FEDER será de 3.309,60 €.
0 comentarios