Asesoría de Empresas e Calidade, S.L. nace no ano 2007, co espírito de mellorar e implantar un novo sistema de asesoramento empresarial, que rompa cos tópicos do “asesor de toda a vida”, implantar unha nova forma de traballo e un proceso mais simple de xestión, sen renunciar en ningún momento á calidade do noso servizo.

A empresa nace da unión dun reducido grupo de profesionais no entorno empresarial, cunha amplía experiencia nos distintos sectores mercantís que afectan a una empresa: Banca, Administracións, Sindicatos, Empresas …

A calidade dos servizos prestados, así como a confianza dos nosos clientes, implicou un gran incremento no volume de negocio, motivo polo cal trasladamos nosas oficinas a un local mais amplío, sempre coa vocación de dar un mellor servizo aos nosos clientes. A firma, dende o seu nacemento, destacou pola súa profesionalidade, o cal  pódese avalar coa confianza que depositaron os nosos clientes en nos.