Data de publicación: 07/11/2023

Data de inicio solicitude: 08/11/2023

Data de remate solicitude: Prazo aberto ata esgotar orzamento

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria de axudas en especie, dirixidas á mellorar o nivel de ciberseguridade das pemes, a través do «Programa Activa Ciberseguridade» para a recepción de servizos de asesoramento especializado en ciberseguridade, que sirvan ás empresas beneficiarias para mellorar o seu nivel de ciberseguridade.

O obxecto é un programa de asesoramento especializado e personalizado cuxo obxectivo é ofrecer unha análise da situación actual da empresa en materia de Ciberseguridade para coñecer o seu nivel de seguridade e elaboración dun Plan de Ciberseguridade específico para a mesma cun deseño personalizado de accións de mellora de ciberseguridade. É un programa orientado a todo tipo de pemes, en especial aquelas que desexen mellorar ou potenciar os seus procesos de ciberseguridade.

Características da axuda

A prestación do servizo obxecto das axudas realizarase por parte de entidades colaboradoras especializadas en asesoramento en ciberseguridade que foron seleccionadas por EOI a través dun procedemento de licitación, conforme ao establecido no artigo 9 da orde de bases. A peme beneficiaria seleccionará, a través do seu formulario de solicitude, á entidade colaboradora que lle prestará o servizo de entre as que resultaron adxudicatarias no procedemento de licitación.

A contía individualizada das axudas en especie que se concedan, entendida como o equivalente de subvención bruta, será de 2.140 euros.

As axudas en especie obxecto desta convocatoria consistirán na recepción, por parte das empresas beneficiarias, dun programa de asesoramento orientado a pemes para mellorar os seus niveis de ciberseguridade. O programa ofrece a análise da situación actual da empresa en materia de Ciberseguridade para coñecer o seu nivel de seguridade actual e a elaboración dun Plan de Ciberseguridade específico para a mesma, cun deseño personalizado de accións en materia de ciberseguridade, para ser desenvolvido e implantado pola empresa beneficiaria.

O prazo de duración do servizo de asesoramento será dun mínimo de catro meses e un máximo de cinco meses a contar desde a publicación da resolución de concesión, salvo xustificación aceptada por EOI.

A entidade beneficiaria recibirá un programa de acompañamento, con 20 horas de asesoramento e unha duración de entre catro e cinco meses, contemplándose as seguintes fases:

1.º Diagnóstico e auditoría de ciberseguridade da empresa.

2.º Elaboración dun Plan de Ciberseguridade.

3.º Taller grupal e peche da prestación do servizo.

Persoas beneficiarias

Poderán obter a condición de beneficiarias as empresas que teñan a condición de PEME, que teñan personalidade xurídica propia en España e estean legalmente constituídas e debidamente inscritas no rexistro correspondente

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *