Desde o 18 de abril ata o 18 de xuño está aberto o prazo para o aboamento do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM 2024).

Se non ten o seu recibo de pagamento, recorde que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

Información sobre as domiciliacións

A data do cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total de cada un será o día 6 de maio.

No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.

A domiciliación tramítase:

  • Na Oficina Virtual Tributaria de xeito sinxelo, rápido e seguro
  • Na súa entidade bancaria a través da solicitude correspondente
  • De xeito presencial na nosa rede de oficinas
  • Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400)
  • Por correo electrónico, escribindo a informacion.oral@depo.es

Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas, e así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en:

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia

TELÉFONOS: 886 211 420 / 886 211 400


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: LEXISLACIÓN

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad