Desde o 5 de febreiro ata o 5 de abril está aberto o prazo para o aboamento das taxas municipais de 2024.

Se non ten o seu recibo de pagamento, recorde que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

Información sobre as domiciliacións

A data do cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total de cada un será o día 1 de marzo.

No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.

A domiciliación tramítase:

  • Na Oficina Virtual Tributaria de xeito sinxelo, rápido e seguro
  • Na súa entidade bancaria a través da solicitude correspondente
  • De xeito presencial na nosa rede de oficinas
  • Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400)
  • Por correo electrónico, escribindo a  in**************@de**.es

Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas, e así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en:

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia

TELÉFONOS: 886 211 420 / 886 211 400


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *