Aprobados polo Concello de Cambados os modelos de ocupación de vía pública mediante “Food Trucks” no Paseo da Calzada e instalación de postos, atraccións, casetas e remolques durante as Festas do Albariño.

Para a instalación de postos, atraccións, casetas e remolques de superarse o número de solicitudes ao de espazos habilitados o criterio de concesión será o da orde de presentación no Rexistro do Concello.
No caso dos “Food Trucks” de superarse o número de solicitudes ao de espazos habilitados requirirase aos interesados para a presentación dunha memoria da actividade, das instalacións e dos productos que se pretendan subministrar. O criterio de concesión das autorizacións, neste caso, será a calidade e variedade das instalacións e dos productos a subministrar que será avaliada por unha Comisión de selección que será designada a estes efectos.
O prazo de presentación de solicitudes ábrese o vindeiro 07.07.2023 e remata o 21.07.2023.
Condicións:
Deberá darse cumprimento a todas as condicións establecidas na solicitude de participación facéndose constar expresamente a prohibición do despacho de alcoholes destilados.

Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios